Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2025/26 (código de procedemento ED002B)
De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 11 de xuño de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 117, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes non universitarios para o curso académico 2025/26.
O prazo para formular reclamacións ou renuncias é o comprendido entre o día 28 de xullo ata o 29 de xullo de 2025, ambos incluídos.
RECLAMACIÓNS
- Reclamacións á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
As reclamacións formularanse en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia accedendo á carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal (código do procedemento ED002B) e deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Localice o ÚLTIMO EXPEDIENTE correspondente a súa solicitude de participación no concurso de destinos provisionais (ED002B) e prema no botón Acción: Alegacións.
AVISO: no caso de que se lle recuperara a súa solicitude de convocatorias anteriores ou non finalizase correctamente a presentación en sede e non poida realizar accións sobre o expediente deberá empregar a solicitude xenérica PR004A dispoñible na sede para formular as alegacións. Neste caso no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RECLAMACIÓN CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Cubra o formulario, asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación da súa reclamación.
AVISO: o trámite activarase o luns día 28 de xullo de 2025.
RENUNCIAS
- Renuncias á adxudicación provisional do concurso de destinos provisionais para o corpo de mestres e corpos de secundaria
A) Persoal interino e substituto
As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse unicamente a través da aplicación web http://edu.xunta.es/cadp e non resultará necesaria a súa presentación na sede electrónica da Xunta de Galicia. Só poderá empregar esta opción o persoal funcionario interino.
Para renunciar deberá proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á aplicación web https://www.edu.xunta.gal/cadp e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital segundo corresponda.
2º Ir ao menú Instancias e indicar as instancias ás que se renuncia (Columna accións)
3º Descargue o comprobante da renuncia ou renuncias que presentou, este comprobante non é necesario que o presente.
Se renuncia a todas as especialidades, a aplicación solicitaralle na última especialidade a que renuncie que indique a causa e achegue a documentación xustificativa. Só se permite engadir un arquivo de modo que no caso de que necesite achegar máis dun deberá xuntar todos os arquivos nun ficheiro comprimido e engadir éste na aplicación informática.
Cando se renuncie a todas as listas será necesario, ademais, remitir a documentación xustificativa escaneada ao seguinte enderezo electrónico.
Correos electrónicos:
persoal.primaria@edu.xunta.gal: para corpos de mestres
persoal.secundaria@edu.xunta.gal: para corpos de secundaria e outros
B) Outros colectivos
Deberá empregar o formulario de solicitude xenérica PR004 para renunciar á adxudicación dunha comisión de servizos ou a unha solicitude formulada pola modalidade ordinaria só para aqueles colectivos con destino definitivo (persoal docente de Conservatorio, de EOI ou de Agraria) e proceder do seguinte xeito:
1º Acceda á Sede electrónica da Xunta de Galicia e identifíquese coa súa Chave 365 ou certificado dixital.
2º Cubra o formulario de solicitude xenérica PR004, no campo EXPÓN da solicitude deberá indicar: RENUNCIA CADP MESTRES OU SECUNDARIA (segundo corresponda).
3º Asine e finalice a presentación na sede seguindo os pasos que se lle amosan.
4º Descargue o recibo electrónico de presentación.
No caso de participar por máis dunha modalidade (ordinaria máis comisión por saúde ou conciliación), e querer renunciar a ambas, deberá presentar unha renuncia para cada unha delas. De renunciar só a unha delas, esta non poderá ser a solicitude formulada pola modalidade ordinaria no caso de persoal funcionario de carreira ou en prácticas que non teñan destino definitivo.
AVISO: o trámite activarase o luns día 28 de xullo de 2025
Resolución do 11 de xuño de 2025 (Convocatoria DOG)
Resolución do 9 de xullo de 2025
Anexo I Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2025-26 (Primaria)
Resolución do 23 de xullo de 2025 (exclusión de listas)
Resolución do 24 de xullo de 2025
Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar do corpo de mestres
Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar (Secundaria e outros)
Resolución adxudicación provisional
Adxudicación provisional Mestres (Orde Adxudicación)
Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Secundaria (Orde Adxudicación)
Adxudicación provisional Secundaria (Orde Alfabética)
Resolución adxudicación definitiva (pendente de publicación DOG)
Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde alfabética)
Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde adxudicación)
Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde Alfabética)
Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde adxudicación)
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)