G2502006 - Equipos directivos. Uso de ferramentas e aplicacións institucionais na xestión do centro educativo

Actividade formativa para os equipos directivos en activo, que terá lugar o 20 de setembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP).
Mér, 16/07/2025 - 10:09
imaxe

Competencias profesionais:

  • Competencia en organización escolar e colaboración - Xestión de centro e calidade
  • Competencia en desenvolvemento profesional - Planificación e xestión do desenvolvemento profesional

Obxectivos: 

  1. Coñecer as diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  2. Familiarizarse co uso das diferentes ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.
  3. Resolver posibles dúbidas sobre o emprego das ferramentas e aplicacións institucionais para centros educativos.

Contidos: 

  1. Ferramentas e aplicacións institucionais para uso na xestión de centros educativos: XADE, espazoAbalar, AbalarBox, Webex, Agueiro, Fondolibros...
  2. Portal da dirección, Admisión de alumnado, Persoal centros, SEF (sistema electrónico de facturación), Substitucións, Comedores, xecocentros, Transporte escolar...

Data: 

  • Sábado, 20 de setembro

Lugar de realización: 

  • Escola Galega de Administración Pública (EGAP). Santiago de Compostela

Pódese consultar a información detallada en Fprofe: G2502006.