Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde admitidas e excluídas para o curso académico 2025/26

Lun, 14/07/2025 - 13:58

Xúntase a Resolución do 14 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B (DOG nº 46, do 9 de marzo)

De conformidade co artigo 13 da Orde do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 15 de xullo de 2025 e o día de 14 de agosto de 2025, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.