Publicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde para o curso académico 2025/26

Mar, 01/07/2025 - 12:51

Xúntase a Resolución do 1 de xullo de 2025 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B, (DOG nº 46, do 9 de marzo).

De conformidade co artigo 12 da Orde do do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 2 de xullo e o día 8 de xullo de 2025, ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:

1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal

2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.

3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.

IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.

4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”

A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.