Publicación relación de solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025-2026
Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2025-2026
O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:
- Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal
- Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.
- Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital
- Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.
- No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 25-26
- No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”
- Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.
- A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.
- Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
Resolución do 11 de xuño de 2025 (Convocatoria DOG)
Resolución do 9 de xullo de 2025
Anexo I Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2025-26 (Primaria)
Resolución do 23 de xullo de 2025 (exclusión de listas)
Resolución do 24 de xullo de 2025
Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar do corpo de mestres
Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar (Secundaria e outros)
Resolución adxudicación provisional
Adxudicación provisional Mestres (Orde Adxudicación)
Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Secundaria (Orde Adxudicación)
Adxudicación provisional Secundaria (Orde Alfabética)
Resolución adxudicación definitiva (pendente de publicación DOG)
Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde alfabética)
Anexo I Adxudicación definitiva Mestres (Orde adxudicación)
Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde Alfabética)
Anexo II Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde adxudicación)
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)