Convocado concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes non universitarios para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería (ED013C)
Xúntase a Orde do 5 de xuño de 2025 pola que se convoca concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería.
- O prazo para a presentación de solicitudes para tomar parte nesta convocatoria abranguerá desde o día 19 de xuño de 2025 ata o día 25 de xuño de 2025, ambos incluídos, e presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, empregando o procedemento normalizado ED013C.
- Non se admitirá ningunha solicitude que non se presente por medios electrónicos empregando o procedemento normalizado ED013C.
- As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude así como a folla de autobaremación que consta na sede electrónica no procedemento normalizado ED013C.
- Neste mesmo prazo, as persoas interesadas poderán actualizar o seu expediente persoal en relación cos méritos que se pretenden alegar neste concurso específico mediante o enderezo web www.edu.xunta.gal/datospersoais seleccionando a Convocatoria de prazas sometidas a convenio 2025 e presentar a dita solicitude por medios electrónicos no procedemento normalizado ED011A.
AVISO: Debido a un problema técnico, hoxe non estará aberto en sede o procedemento para solicitar as prazas do concurso específico de convenios, ED013C.
Poñeremos aviso novamente cando estea dispoñible, así como as novas datas
Orde do 5 de xuño de 2025
Orde do 23 de xuño de 2025 que deixa sen efecto a Orde de 5 de xuño de 2025(DOG)
Nova Orde de convocatoria de concurso de méritos específico de Convenios (DOG)
Resolución provisional do 23 de xullo de 2024
Anexo I: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional
Anexo II: Adxudicación provisional
Resolución definitiva do 01 de agosto de 2025
Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo
Anexo II: Adxudicación definitiva
Orde do 4 de agosto de 2025 (DOG)