Resolución do 2 de xuño de 2025, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros públicos para o ano 2025
A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar Resolución do 2 de xuño de 2025 pola que se convocan os premios educativos Innovagal para os centros docentes públicos da comunidade autónoma de Galicia para o ano 2025.
Poderán concorrer na categoría correspondente os seguintes centros:
A) escolas de educación infantil, colexios rurais agrupados, centros de educación especial, colexios de educación infantil e primaria e colexios de educación primaria.
B) centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros públicos de educación e promoción de persoas adultas.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o momento da publicación desta convocatoria no Portal Educativo ata o venres, 17 de outubro de 2025, e se realizará por medios electrónicos segundo consta no apartado 5 da mesma convocatoria.
Resolución do 2 de xuño de 2025
Anexo I - Liñas temáticas
Anexo II - Solicitude
Anexo III - Modelo de memoria descritiva
Anexo IV - Autorización para o uso de imaxe de menores
Anexo V - Baremo
Ampliación de prazo de solicitude e incorporación de aulas hospitalarias
Listaxe provisional de candidaturas admitidas Innovagal 2025
Resolución Innovagal