Concesión do Selo Biblioteca Escolar Solidaria e selección de experiencias de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS no curso 2024/25
Mar, 27/05/2025 - 10:50
Xúntase a Resolución da convocatoria pola que se conceden os cinco Selos de Biblioteca Escolar Solidaria e se seleccionan as dez experiencias premiadas na modalidade de Voluntariado na biblioteca escolar Primaria de centros integrados no programa BIBLIOTECAS ESCOLARES SOLIDARIAS no curso 2024/25
Esta é unha iniciativa integrada no Plan LIA 2021-2025 de bibliotecas escolares, da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional (Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa) en colaboración coa Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude (Dirección Xeral de Xuventude).