Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas nos procedementos selectivos de acceso e ingreso aos corpos docentes non universitarios (código de procedemento ED001A)

Xov, 08/05/2025 - 10:09

Xúntase a Resolución da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban as listas definitivas de persoal admitido e excluído dos procedementos selectivos de acceso ao corpo de inspectores de educación e ao corpo de profesores de ensino secundario e de ingreso ao corpo de profesores de ensino secundario, ao corpo de mestres e ao corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, e procedemento de adquisición de novas especialidades por parte do persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A) (DOG n.º 32, do 17 de febreiro).

O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra estas listas definitivas é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.

O dito recurso deberá formularse por medios electrónicos, na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), utilizando o ÚLTIMO EXPEDIENTE co código de procedemento ED001A/2025, e dirixirse á Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de acordo co establecido na base 6.4 da Orde do 14 de febreiro de 2025.

Unicamente para o caso das persoas que non figuren na listas definitivas de persoas admitidas/excluídas o procedemento para interpoñer o dito recurso deberá realizarse mediante o modelo xenérico PR004A dispoñible na sede electrónica.

O dito formulario da solicitude xenérica debe cubrirse tendo en conta os seguintes termos:

a) No campo EXPÓN: Sinalar ASUNTO: RECURSO RESOLUCIÓN DO 7 DE MAIO DE 2025 e especificar o corpo e especialidade

b) No campo DESTINATARIO debe elixir no desplegable á esquerda a Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional e no desplegable á dereita Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos.

O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse na súa carpeta cidadá (“A miña sede”) tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.

 

PDF icon Orde do 14 de febreiro de 2025 (convocatoria DOG)

PDF icon Resolución provisional de persoal admitido e excluído

PDF icon Anexo I: persoal aspirante admitido provisionalmente primaria

PDF icon Anexo I: persoal aspirante admitido provisionalmente secundaria

PDF icon Anexo II: persoal aspirante excluído provisionalmente primaria

PDF icon Anexo II: persoal aspirante excluído provisionalmente secundaria

PDF icon Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpo de mestres)

PDF icon Composición das vogalías que xulgarán o proceso selectivo (corpo de secundaria e outros)

PDF icon Composición dos tribunais de valoración da proba de coñecemento de lingua galega

PDF icon Resolución do 2 de maio de 2025 de desistimento da petición

PDF icon Resolución do 7 de maio de 2025 (listaxes definitivas de persoal admitido e excluído)

PDF icon Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente primaria

PDF icon Anexo I: persoal aspirante admitido definitivamente secundaria e outros

PDF icon Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente primaria

PDF icon Anexo II: persoal aspirante excluído definitivamente secundaria

PDF icon Listaxe de persoas non exentas da proba de galego primaria

PDF icon Listaxe de persoas non exentas da proba de galego secundaria

PDF icon Corrección de erros persoal aspirante admitido e excluido definivamente secundaria

PDF icon Resolución do 21 de maio de 2025: Composición dos tribunais (DOG)

PDF icon Resolución distribución persoas aspirantes por tribunal

PDF icon Anexo I: Distribución persoas aspirantes por tribunais (Primaria)

PDF icon Anexo II: Distribución persoas aspirantes por tribunais (Secundaria e outros)

PDF icon Datas, horas, lugares en que se fará a presentación das persoas opositoras e a primeira proba

PDF icon Tribunais constituidos do corpo de Mestres

PDF icon Tribunais constituidos do corpo de secundaria e outros

PDF icon Corrección de erros Anexo I distribución aspirantes por tribunais (Secundaria e outros)

PDF icon Nota informativa sobre a presentación de documentación do persoal aprobado

Ficheiro Anexo XI (declaración responsable)

PDF icon Relación do persoal que superou o procedemento de ingreso aos corpos docentes. Orde 1 de agosto de 2025 (DOG)

PDF icon Orde do 5 de agosto de 2025 (DOG)