Resolución de adxudicación dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia

Mar, 26/12/2023 - 11:03

Xúntase a Resolución do 15 de decembro de 2023 pola que se publica a concesión dos premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou os seus estudos de ensinanzas artísticas superiores no curso 2022/23 en centros públicos de Galicia, convocados pola Orde do 14 de setembro de 2023 (Diario Oficial de Galicia número 185, do 25 de setembro).