Título node Learning object

Concurso fotográfico AeroVision 2023
Mér, 08/03/2023 - 10:58
Imaxe

A Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense da Universidade de Vigo organiza o concurso fotográfico AeroVision 2023 con motivo do Día Internacional dos Voos Espaciais e a Cosmonáutica, que ten lugar o 12 de abril, e no que se conmemora en todo o mundo o comezo da era espacial.

Esta iniciativa ten como obxectivo recoñecer e difundir o papel da ciencia e a tecnoloxía espacial no desenvolvemento da sociedade.

A temática do concurso de fotografía AeroVision 2023 é o ámbito aeronáutico e aeroespacial. As imaxes deben ser orixinais e deberán amosar situacións, paisaxes ou circunstancias relacionadas co ámbito aeronáutico e/ou aeroespacial. Admítense obras en branco e negro e en cor, realizadas mediante calquera técnica fotográfica. Admitirase un máximo de unha obra orixinal por autor/a, sendo esta orixinal e inédita e non presentándose con anterioridade noutros concursos, webs ou calquera outro medio dixital ou impreso. Pode participar toda aquela persoa que o desexe.

 

 

Os premios entregaranse o día 12 de abril de 2023 e serán os seguintes:

• Primeiro premio: un dron.
• Segundo premio: un telescopio.
• Terceiro premio: uns prismáticos.

O prazo de presentación de fotografías finaliza o 26 de marzo de 2023.

No seguinte anexo pódense consultar as bases do concurso.