×

Mensaxe de erro

  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->load() (liña 175 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).
  • Warning: array_flip(): Can only flip STRING and INTEGER values! en DrupalDefaultEntityController->cacheGet() (liña 391 de /srv/www/drupal/htdocs/includes/entity.inc).

A Xunta mellora as infraestruturas deportivas dos colexios de San Roque e do Sestelo-Baión para promover hábitos saudables entre o alumnado

O centro educativo de Corón estrea unha nova pista multideporte, unha das oito infraestruturas deste tipo que o Goberno autonómico pon en marcha este ano na provincia de Pontevedra e das máis de 30 en toda Galicia

Román Rodríguez anuncia a adaptación e mellora do actual pavillón do Sestelo-Baión, de propiedade municipal, para dar resposta ás demandas da comunidade educativa e dos alumnos

“Creamos espazos máis innovadores, saudables, e participativos nos colexios ao tempo que promovemos unha obra pública máis sustentable e respectuosa”, expresa Román Rodríguez

Mar, 29/11/2022 - 15:19
s

O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, visitou hoxe os colexios de San Roque e do Sestelo-Baión, onde a Xunta impulsa distintas melloras nas súas infraestruturas deportivas para promover hábitos saudables entre o alumnado. Por unha banda, vén de habilitarse a nova pista multideporte do colexio CEIP Plurilingüe San Roque, en Corón, unha das oito infraestruturas deste tipo que a Xunta pon en marcha este ano na provincia de Pontevedra e das máis de 30 en toda Galicia ao abeiro do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica.

“Xa estamos a comprobar os resultados das primeiras pistas abertas nos colexios galegos como espazos saudables”, expresou Román Rodríguez. Neste sentido, referiuse á dobre función que están a ter, tanto para o alumnado como para a cidadanía. “Contamos coa complicidade dos Concellos para promover que os nenos fagan deporte e se divirtan e se poida gañar un novo espazo para a veciñanza fóra do horario escolar”. Unha medida que se suma a outras levadas a cabo polo Goberno autonómico para impulsar os hábitos de vida saudables entre o alumnado, como o incremento dunha sesión lectiva máis á semana de Educación Física en Bacharelato impulsada polo Goberno autonómico neste curso.

Como expresou, con estas instalacións a Xunta reforza a súa aposta por crear “espazos máis innovadores, saudables, seguros, creativos e participativos en beneficio de toda a comunidade educativa” e tamén por promover “obra pública máis sustentable e respectuosa coa contorna na liña dos proxectos impulsados no Plan”.  Neste sentido, recordou que, cun investimento de 2M€, promove unha vida sa entre o alumnado e permite a práctica de, cando menos, cinco deportes, nun espazo polifuncional “Reforzamos, ademais, a liña de traballo interinstitucional entre as administracións autonómica e local para o máximo aproveitamento das infraestruturas públicas”, engadiu.

Varias disciplinas deportivas

As novas instalacións lúdico-deportivas do colexio de San Roque, que contaron cun orzamento de preto de 80.000 euros dos que a Xunta achegou preto de 45.000 euros, teñen unhas dimensións de 23x12 m2 cunha pista modular adaptable á práctica de varios deportes. Conta con céspede artificial e chan de resina deportiva e está equipada con dúas porterías de balonmán e fútbol sala, dúas canastras de baloncesto e tamén unha rede para pista de tenis, bádminton ou voleibol. Ademais conta con seis torretas de iluminación e focos led.

A Xunta promove estas pistas en centros de Educación Infantil e Primaria e nos centros integrados non universitarios de titularidade municipal, cuxo deseño debe ser conforme aos modelos establecidos. Na provincia Pontevedra, xunto ao colexio de San Roque, Agolada (CEIP A Golada), Dozón (CEIP Pío Cabanillas), Pazos de Borbén, (CEIP Curros Enríquez) O Porriño (CEIP Fernández López), Tomiño (CEP Pedro Caselles Beltrán), Tui (CEIP Plurilingüe 2) e Mondariz-Balneario (CEIP Nosa Señora de Lourdes).

Adaptación de espazos en Sestelo-Baión

Na liña de promover hábitos saudables, o conselleiro de Educación visitou tamén o colexio CEIP Sestelo-Baión onde anunciou a remodelación, adaptación e mellora do actual pavillón que se usa para práctica deportiva, de propiedade municipal, para dar resposta ás demandas da comunidade educativa e dos alumnos.

En concreto, actuarase sobre este espazo situado no semisoto duns 300 m2, pechando os seus piares da planta central onde está previsto crear un almacén de material deportivo. As paredes exteriores deste cubo central aproveitaranse para colocar distintos dispositivos como espaleiras e outras instalacións deportivas.