Título node Learning object

Fállanse os premios Ernestina Otero Sestelo a proxectos educativos con perspectiva de xénero
Lun, 07/03/2022 - 14:56
foto

O Concello de Ponvedra entregou os Premios Ernestina Otero Sestelo 2021, que teñen por obxecto galardoar aqueles proxectos educativos desenvolvidos en centros do concello que destacasen pola incorporación da perspectiva de xénero. Os centros galardoados foron os seguintes:

  • categoría A, correspondente a centros de Educación Infantil e Primaria: proxecto 'As do noso carón, MULLERES son!' do CEIP San Martiño.

 

  • categoría B, de Educación Secundaria e Postobrigatoria Non Universitaria (Bacharelato e Formación Profesional):
    • proxecto 'Igualdade desde a transversalidade', do IES Luis Seoane
    • proxecto 'Entre donas ás beiras do Lérez', do IES Sánchez Cantón
    • mención especial ao CPR Plurilingüe Nuestra Sra. de los Dolores, pola creatividade e alto impacto a nivel visual das actividades presentadas. Asemade, tamén fixo constar expresamente o seu recoñecemento e agradecemento a todos os centros participantes nesta convocatoria.

Pódese consultar o contido completo da nova na web de Pontevedra Viva.