A Xunta concede axudas a 31 escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro

Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, resólvese a convocatoria na que se destinan 165.000€ a asociacións e fundacións

A cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco axudas

Dom, 21/11/2021 - 13:32

Coincidindo coa véspera do Día dos Músicos, a Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a resolución das axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro, da que resultan beneficiarias 31 entidades, que prestan servizo a case 5.000 alumnos.

O orzamento total ascende a 165.000€, a mesma cantidade ca o ano anterior e a cidade de Vigo é a máis beneficiada nesta convocatoria, con cinco entidades.

O obxectivo destas subvencións é potenciar o funcionamento dos centros dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que imparten ensinanzas de música non regradas e prestar apoio ás iniciativas para o fomento, difusión e extensión destas ensinanzas por parte destas entidades que teñen entre os seus fins a formación musical.

Estas escolas, que contan cunha crecente demanda, abarcan, como oferta básica, os ámbitos de ensino de música e movemento, práctica instrumental, formación musical complementaria á práctica instrumental, e actividades de conxunto. Neste sentido, cómpre sinalar que as escolas de música dedícanse á formación de afeccionados e á preparación das probas de acceso aos estudos conducentes á titulación daquelas persoas que teñan vocación e aptitudes para a música.

A relación de escolas subvencionadas é a seguinte:
 

CONCELLO

ESCOLA DE MÚSICA

NÚMERO

 DE ALUMNADO

IMPORTE

Agolada

EMUSPR de Agolada

107

3.608,95€

Antas de Ulla

EMUSPR de Antas de Ulla

84

2.833,20€

Barro

EMUSPR de Barro

41

1.382,87€

Cambre

EMUSPR Sementeira de Cambre

185

6.239,78€

Celanova

EMUSPR EMBC

143

4.823,18€

Chantada

EMUSPR Casa da Música de Chantada

212

7.150,45€

Coruña, A

EMUSPR Compañía de María

219

7.386,55€

Gondomar

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

143

4.823,18€

Lalín

EMUSPR Banda de Lalín

136

4.587,08€

Lalín

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

109

3.676,41€

Mos

EMUSPR de Mos

402

13.558,87€

Neves, As

EMUSPR Popular de Rubiós

84

2.833,20€

Ponteareas

EMUSPR de Xinzo

207

6.981,81€

Pontevedra

EMUSPR A Tempo

130

4.384,71€

Pontevedra

EMUSPR de Salcedo

167

5.632,66€

Redondela

EMUSPR de Chapela

199

6.711,98€

Rianxo

EMUSPR de Rianxo

213

7.184,18€

Ribadavia

EMUSPR Mestre Veneroni

93

3.136,75€

Rosal, O

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

215

7.251,63€

Salceda de Caselas

EMUSPR Asociación Amigos da Música

204

6.880,62€

Santiso

EMUSPR de Visantoña

69

2.327,27€

Soutomaior

EMUSPR Artística de Arcade

130

4.384,71€

Teo

EMUSPR de Calo-Teo

35

1.180,50€

Vigo

EMUSPR Atlántida

260

8.769,42€

Vigo

EMUSPR de Beade

152

5.126,74€

Vigo

EMUSPR Unión Musical de Coruxo

109

3.676,41€

Vigo

EMUSPR de Valadares

152

5.126,74€

Vigo

EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive

164

5.531,48€

Vilaboa

EMUSPR de Vilaboa

179

6.037,41€

Vilanova de Arousa

EMUSPR de Vilanova

151

5.093,01€

Xinzo de Limia

EMUSPR da Limia

198

6.678,25€