Título node Learning object

15º concurso de tradución "Juvenes Translatores"
Ven, 17/09/2021 - 14:24
Comisión europea

Se, como reza o lema da UE, os europeos habemos de estar unidos na diversidade, temos que ser capaces de entender outras linguas ademais da nosa.

Se tes paixón polos idiomas, interesarache o noso concurso anual Juvenes Translatores, que comezou en 2007.

O obxectivo deste concurso é fomentar a aprendizaxe de idiomas e incentivar aos e as mozas con vocación lingüística.

A aprendizaxe de linguas estranxeiras prepara aos e as mozas para o mercado laboral, abríndolles novas perspectivas tanto nos seus países como no estranxeiro.

Nesta ocasión, o tema será: «En marcha cara a un futuro máis verde».

O concurso pretende que os e as estudantes expresen as súas opinións sobre o futuro da UE, tamén na súa dimensión ecolóxica, e sobre o papel que desempeñan a tradución e a aprendizaxe de idiomas na eliminación de barreiras entre as persoas e culturas.

Dirixido a para alumnado de 17 anos de idade que curse estudos de secundaria ou bacharelato.

O concurso terá lugar o 25 de novembro de 2021.

A inscrición dos centros estará aberta ata o día 20 de outubro de 2021.

Máis información

https://ec.europa.eu/info/education/skills-and-qualifications/develop-your-skills/language-skills/juvenes-translatores_é