S2101009 - Vehículos de tracción híbrida HEV

Con este curso, o profesorado asistente vai coñecer os procesos das operacións de mantemento dos vehículos de tracción híbrida. Analizarase como desmontar e montar os elementos do sistema de alta tensión e do sistema de transmisión dun vehículo híbrido, así como a localización e diagnose de avarías con multímetro, osciloscopio, megahometro e utensilio de diagnose.
Xov, 10/06/2021 - 11:24
Tracción híbrida

O curso vai ter lugar no CIFP Politécnico co seguinte horario: do 29 de xuño ao 02 de xullo, de martes a venres de 09:00 a 14:00 horas. As horas do curso distribúense en 20h presenciais e 10h non presenciais. A data límite de inscrición é o día 17 de xuño.

Nesta actividade os contidos a tratar serán as baterías de tracción, os fundamentos de motores e xeradores eléctricos e transmisión, así como as redes eléctricas e control do sistema híbrido.

Menús CAFI node R

 

Sección