Título node Learning object

Monográfico sobre saúde e feminismo da revista Atlánticas
Mar, 08/09/2020 - 12:05
portada

A revista Atlánticas acaba  de editar o vol. 4, núm. 1, co título "La salud en la teoría y las vindicaciones feministas".

Segundo se recolle no resumo do monográfico, no ámbito da saúde maniféstanse con total claridade e intensidade os mecanismos de poder que historicamente empregou o patriarcado para asegurarse a dominación das mulleres. As ciencias, as prácticas e as políticas sanitarias son potentísimas e necesarias ferramentas para o seu control e a súa subordinación. No feminismo contemporáneo, os discursos sobre a saúde, o malestar e a enfermidade das mulleres foron obxecto dunha fonda análise crítica. As teses patriarcais sobre a debilidade innata das mulleres, a súa fráxil saúde e a súa consecuente proclividade “natural” ao desenvolvemento de problemas físicos e emocionais, serviu para sustentar a súa inferioridade, fundamentar a desigualdade e lexitimar a súa subordinación. Pola contra, o feminismo desvela que é precisamente o sistema de dominación dos hombres sobre as mulleres e as condicións estruturais impostas polo patriarcado nas súas vidas o que dana a súa saúde, ao engadir un sufrimento ao que supón a vida. Este número monográfico ten como obxectivo de ofrecer unha perspectiva das liñas de investigación que se están desenvolvendo neste campo desde diferentes disciplinas, así como das accións y vindicacións feministas, tanto para a promoción e atención da saúde das mulleres, como para a transformación das ciencias, das prácticas e das políticas sanitarias nun sentido emancipatorio.

Pódense consultar e descargar os contidos na seguinte ligazón.