Título node Learning object

3º concurso literario “Cambados mar de letras 2020”
Xov, 11/06/2020 - 11:08
Cartaz mar de letras 2020

O IES Francisco Asorey de Cambados, co Patrocinio do Concello de Cambados, convoca na súa 3ª edición, o Concurso Literario “Cambados Mar de Letras”.

Vai dirixido ao alumnado dos centros educativos de Galicia, que estean cursando estudos de Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos, e sempre que non superen os 20 anos de idade.

Modalidades

Poesía: cunha extensión máxima de 100 versos, nun único ou varios poemas, de tema e forma libres. 

Relato curto: cunha extensión comprendida entre 3 e 6 folios, de tema libre, mecanografados a dobre espazo e por unha soa cara.

As obras deberán ser orixinais, inéditas e escritas en Lingua Galega, segundo a normativa ortográfica vixente. Deberán enviarse 4 copias en papel, e unha en formato dixital (Word, pdf, open office) nun CD ou nun Pendrive. Neles figurará o título e a plica, ou pseudónimo, do autor. Os orixinais virán acompañados dun sobre pechado onde figurarán os seguintes datos: Nome e apelidos, idade, enderezo, teléfono, correo electrónico, fotocopia do DNI, Centro no que realiza os seus estudos, e o curso no que está matriculado.

O prazo de presentación será do 17 de maio ao 10 de outubro de 2020.

Máis información