Título node Learning object

XXIV Certame de poesía Francisco Añón
Ven, 13/03/2020 - 11:12

O Concello de Outes convoca o XXIV Certame Francisco Añón de Poesía.

Poderán participar todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos en Lingua Galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Categoría A: nenos/as de 6 a 7 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría B: nenos/as de 8 a 9 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría C: nenos/as de 10 a 11 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos.
Premios:
1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos.
Premios:
1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Categoría F: maiores de 18 anos.
Premios:
1.º clasificado: cheque por valor de 1300 € e publicación da obra galardoada.
Accésit: publicación da obra.

Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos

O prazo de presentación estará aberto ata o 2 de abril de 2020.

Máis información: