Título node Learning object

II Concurso de carteis para escolares relacionado coa doazón e os transplantes
Xov, 30/01/2020 - 08:58

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional en colaboración con Gadisa Retail S.L.U. convocan un concurso de carteis dirixido aos escolares para o curso escolar 2019/20 que teña como tema a doazón e os transplantes, co fin de acercar esta realidade á poboación escolar da nosa comunidade autónoma, de modo que o alumnado sexa capaz de valorar os beneficios para a cidadanía do fomento da doazón de órganos e tecidos.

Poderá participar no concurso de carteis o alumnado de 5º e 6º de educación primaria e 1º, 2º e 3º de educación secundaria obrigatoria (ESO) de todos os centros educativos, tanto sostidos con fondos públicos coma privados, da Comunidade Autónoma Galega.

O prazo de presentación das obras rematará o 30 de abril de 2020.

Máis información