Título node Learning object

Olimpíada internacional de física. Fase local 2020
Mér, 29/01/2020 - 10:26
Olimpíada internacional de física. Fase local 2020

España participará na Olimpíada Internacional de Física, e na Olimpíada Iberoamericana de Física.

A Fase Nacional terá lugar en Murcia a última fin de semana do 23 ao 26 de abril de 2020, na que se seleccionará aos cinco estudantes que acudirán á Fase Internacional e os catro da Iberoamericana.

Para a participación na Fase Nacional, cada Universidade designará, na Fase Local, dous estudantes de 1º e 2º de Bacharelato de Centros públicos e privados, así como de Centros de Formación Profesional de 2º ou 3º grao.

Para o desenvolvemento da Fase Local, as tres Universidades de Galicia, como en anos anteriores, acordaron realizar idéntica proba, celebrándose en cada Universidade o mesmo día e hora.

Unha vez seleccionados polos centros, o alumnado que vai participar na fase local deberá remitir por correo electrónico ao Coordinador da Olimpíada de Física de cada Universidade a ficha segundo o modelo adxunto, antes do día 2 de marzo.

O alumnado poderá elixir calquera dos centros mencionados para examinarse destas probas.

Máis información

https://rsef.es/olimpíada-espanola-de-fisica