Título node Learning object

Ampliación prazo de inscricións Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” – EDG2030
Ven, 17/01/2020 - 09:57
Ampliación prazo de inscricións Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” – EDG2030

A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.

O obxectivo do concurso é facer partícipes aos máis novos neste proceso e coñecer como imaxinan que a transformación dixital cambiará a sociedade galega nos próximos 10 anos a través dun microrrelato.

Participantes

Alumnado de 1º a 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) ou 1º e 2º de Bacharelato de centros educativos da Comunidade Autónoma de Galicia, cunha idade comprendida entre os 11 e os 18 anos (ambas as dúas inclusive).

Inscricións

O período de inscrición estará aberto ata o 31 de xaneiro de 2020. O persoal docente será o responsable de inscribir aos seus alumnos e alumnas interesados/as en participar.

Prazo de entrega

O prazo para enviar o material do alumnado previamente inscrito estará aberto ata o día 7 de febreiro de 2020.

Para máis información consultar a web: amtega.xunta.gal/edg2030/concursos