36 edición do Concurso Escolar ONCE
Ven, 29/11/2019 - 12:17

O Grupo Social ONCE convoca a 36 edición do Concurso Escolar ONCE. Este ano, baixo o lema «ONCE upon a estafe. A mirada de todos e todas», propoñen crear a bandeira e o himno pola inclusión das persoas con discapacidade. Unha oportunidade educativa única para tomar a inclusión por bandeira e inspirar a nenos e adolescentes de todo o mundo.

Poden participar os centros públicos, concertados e privados, desde Primaria a Bacharelato, ademais de educación especial e Formación Profesional. Os estudantes de Primaria, Secundaria e Educación Especial que participen, cun traballo por aula, deberán facer unha bandeira que reflicta o movemento pola inclusión, así como unha audiodescripción dun máximo dun minuto. Os estudantes de FP e Bacharelato poderán presentar un himno dunha duración máxima de dous minutos e medio.

A participación realizarase por aulas completas (un traballo-unha aula) dirixidas por un docente. Cada aula participante deberá presentar un só traballo. No caso de que un mesmo traballo sexa presentado por varias aulas, só admitirase a concurso aquel subido á plataforma en primeiro lugar. Non se admitirán a concurso traballos realizados por varias aulas.

Categorías de participación:

  • A (3º, 4º de Educación Primaria).
  • B (5º e 6º de Educación Primaria).
  • C (Educación Secundaria e FP Básica).
  • D (Bacharelato e Formación Profesional Media e Superior).
  • E (Educación Especial).

Os traballos destas dúas últimas categorías participarán unicamente na fase final do Concurso e serán avaliados por un xurado de ámbito estatal.

A participación no concurso farase mediante un traballo por aula e sempre dentro da categoría correspondente, segundo o curso ao que pertenzan os alumnos. Como excepción, aceptaranse traballos que correspondan a alumnos de varias categorías tal e como ocorre nos centros escolares rurais agrupados ou nas aulas de circo itinerantes, aulas especiais de apoio, etc.

O concurso consta de tres fases: Fase de ámbito provincial. Fase de ámbito autonómico. Fase de ámbito estatal.

Cada grupo ou aula deberá subir á web do concurso www.concursoescolaronce.es o seu traballo antes do 31 de xaneiro.

O Grupo Social ONCE quere mobilizar máis de 2.000 docentes e 150.000 estudantes, que serán os protagonistas da asemblea mundial de persoas cegas que terá lugar en Madrid en xuño de 2020, o World Blindness Summit Madrid 2020.

Máis información:https://www.concursoescolaronce.es/bases-do-concurso/