Título node Learning object

XVII concurso escolar de debuxos sobre dereitos humanos. Defensor del Pueblo 2019-2020
Ven, 15/11/2019 - 12:16
XVII concurso escolar de debuxos sobre dereitos humanos. Defensor del Pueblo 2019-2020

Como cada ano, a institución constitucional do Defensor del Pueblo, en colaboración coa organización Globalización dos Dereitos Humanos, convoca o concurso escolar de debuxo Defensor del Pueblo, que ten por obxecto achegar aos nosos nenos e nenas e mozos e mozas o coñecemento dos dereitos humanos e o fomento dos valores democráticos.

Nesta ocasión trátase da XVII edición do mencionado concurso, a correspondente ao curso escolar 2019-2020.

Concederanse tres premios para educación primaria e tres para secundaria, así como un para educación especial, consistentes en ordenadores portátiles e unha axuda para gastos de traslado a Madrid dos escolares e os profesores dos centros premiados. Os premios serán entregados polo Defensor del Pueblo nun acto solemne no que ademais os alumnos lerán a Declaración Universal dos Dereitos Humanos.

Así mesmo, concederase tanto aos gañadores como aos seus colexios un diploma acreditativo da súa participación nesta edición.

Os traballos candidatos ao premio faranse chegar, antes do 4 de abril de 2020 á seguinte dirección:

Apartado de correos 15020,  46018 Valencia