Título node Learning object
A Comisión Europea vén de publicar a convocatoria Erasmus + para 2020 para accións de educación, formación, xuventude e deporte.
http://sepie.es/convocatoria/index.html
Os prazos para proxectos relativos á educación e formación son os seguintes:
Acción KA1, de mobilidades: 5 de febreiro 2020 (antes das 12:00h).
Acción KA2 de asociacións estratéxicas: 24 de marzo 2020 ( antes das 12.00h)
Neste sentido a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional para dar a coñecer o programa marco Erasmus +, a súa convocatoria para a participación e solicitude de proxectos, organizou a través do CAFI as Xornadas Anuais o pasado 19 de outubro en Santiago de Compostela. Esta formación compleméntase con un curso en liña e obradoiros cara a a petición de proxectos de KA1 e KA2, dos que proximamente se informará directamente aos centros educativos.