Resolución da convocatoria do programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020

Lun, 07/10/2019 - 15:57
Resolución da convocatoria do programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020

A Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos publica a Resolución de 7 de outubro de 2019 pola que se dá a coñecer a relación de centros que se incorporan ao programa "Radio na biblio" para o curso 2019/2020, así como os centros que continúan no programa xunto coas asignacións concedidas para o desenvolvemento das actuacións previstas na convocatoria de 3 de setembro de 2019.