Título node Learning object

IV Edición dos Premios Fundación Endesa á Ecoinnovación Educativa
Mar, 01/10/2019 - 10:13

Fundación Endesa convocou, por cuarto ano consecutivo, os Premios á Ecoinnovación Educativa.

O propósito dos Premios é promover actitudes innovadoras e comprometidas coa conservación da natureza, así como estimular o interese social polo medio ambiente, mediante o recoñecemento dos proxectos ecolóxicos máis innovadores que xurdan de actuacións e prácticas dos centros educativos, liderados por estes ou por estudantes de Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional, e sempre co apoio do profesorado.

Os proxectos premiados terán unha ampla difusión pública a escala nacional tras un acto que se celebrará a finais de xuño e no que se procurará reflectir, unha vez máis, que este compromiso coa innovación ecolóxica é tarefa de todas as entidades e persoas que participan neles.

Toda a información relativa aos Premios e as súas Bases está dispoñible na web de Fundación Endesa (www.fundacionendesa.org).