Convocatoria para participar en Fotografía en curso 2019/2020
Xov, 27/06/2019 - 11:56

Fotografía en curso é un programa de difusión e pedagoxía da creación fotográfica dirixido principalmente a nenose nenas e mozos e mozas de entre 8 e 18 anos, que implica diferentes axentes e ámbitos: museos e centros de arte, fotógrafos, docentes, centros educativos, barrios e municipios.

Participación e criterios de selección

Priorizaranse centros públicos

Límite de centros participantes: 6

Alumnado ao que vai dirixido: primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos

Límite de docentes participantes por centro: 3

Límite de alumnado participante por centro: sen límite

Procedemento para solicitar o proxecto

A solicitude farase a través da plataforma do Plan Proxecta desde o 9 de setembro ata o 1 de outubro.

O 9 de outubro comunicaranse os admitidos.

Entre o 2 e o 8 de outubro falarase cos coordinadores dos proxectos preseleccionados para asegurar o compromiso co proxecto e solucionar as dúbidas que xurdan.

As conversas poden ser telefónicas ou presenciais no centro.

A plataforma para poder facer a solicitude e presentar a memoria é: http:// www.edu.xunta.gal/portal/planproxecta

Para calquera dúbida ou problema no proceso pódese contactar con Mónica García Iglesias no CGAI - Filmoteca de Galicia: - Correo electrónico: monica.garcia.iglesias@xunta.es - Teléfono: 881 881 269 - Dirección: Duran Loriga, 10 baixo - 15003 A Coruña