Título node Learning object

III Feira de Proxectos de Piteas
Lun, 10/06/2019 - 09:49
III Feira de Proxectos de Piteas

Piteas, programa de formación e mentorado para o desenvolvemento do talento e promovido pola Fundación Barrié de la Maza en colaboración coa Xunta de Galicia e coa participación da Universidade de Santiago de Compostela, presenta o vindeiro 14 de xuño a súa III Feira de Proxectos na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela). Nesta edición participarán dezasete centros educativos que exhibirán os resultados dos seus proxectos en diferentes formatos.

Data: 14 de xuño de 2019

Lugar: Museo de Galicia, planta -1. Cidade da Cultura (Santiago de Compostela)

Horario: 16h-20h.