I premio de oratoria "Filomena Dato"
Ven, 05/04/2019 - 09:18

Convócase o I premio de oratoria "Filomena Dato" para alumnado de Ensino Obrigatorio e para centros públicos ou privados de Galicia e do exterior, coa intención de promover a expresividade e a expresión – poética, narrativa e discurso – do Idioma Galego e o Feminismo, dentro da comunicación oral. 

Poderá participar, nas súas categorías correspondentes, o alumnado de:
1a Categoría (poesía): 1º e 2º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
2a Categoría (poesía / relato):  3º e 4º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
3a Categoría (poesía / relato): 5º e 6º curso de Primaria. Premio de honor e dous accésits.
4a Categoría (poesía / discurso): 1º e 2º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.
5a Categoría (poesía / discurso): 3º e 4º curso da ESO. Premio de honor e dous accésits.

A participación poderá facerse a partir de poemas xa feitos e de autoría determinada, tamén de textos narrativos de especial interese e configuración, ou presentar traballos "inéditos" por escrito, en arial 12, espazado 1,5, non máis de tres folios, ou que dure non máis de 5 minutos, en total. O tema será a Sororidade.

O prazo máximo de inscrición, que se fará no correo electrónico filomena.dato.muruais@gmail.com, será o día 01/07/2019 e deberá estar entregada a gravación, sempre mellor -de planos- en corpo enteiro, correspondente ao tema indicado, cunha duración máxima de 5 minutos, así como o traballo por escrito e a ficha do anexo, debidamente cuberta, que se pode descargar na páxina da organización convocante http://lisistrata-asociacion.blogspot.com/p/premio-filomena-dato.html