Concurso de ideas "Día das rapazas nas TIC"
Xov, 28/03/2019 - 14:57

O Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, no seu interese por promover as vocacións tecnolóxicas femininas, lanzan o primeiro concurso #ApuntasTech? O concurso conta con 4 categorías, 2 para estudantes (primaria, secundaria e bacharelato) e 2 para adultos (centros educativos e outros centros/institucións). Cada categoría conta cun premio principal e dous accésits.

Toda a información sobre o mesmo pódese obter na súa páxina web: www.ictgogirls.eu/apuntastech

Este concurso enmárcase dentro das actividades para celebrar o VII “Día das rapazas nas TIC” (International Girls in ICT Day) o próximo 25 de abril, día no que se fará pública a decisión do xurado do concurso. Toda a información e instrucións para participar no evento está publicada en www.ictgogirls.eu/dia-rapazas-nas-tic/

  • Amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o martes 23 de abril.