Título node Learning object

XXIII Certame de poesía Francisco Añón
Ven, 08/03/2019 - 11:32
XXIII Certame de poesía Francisco Añón

O Concello de Outes convoca o seu concurso literario en homenaxe a Francisco Añón. Poderán participar neste concurso todas as persoas interesadas, de calquera nacionalidade. A lingua de participación será a lingua galega. Os textos presentados deberán ser inéditos.

  • Categorías e premios:
    • Categoría A: nenos/as de 6 a 7 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 120 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Categoría B: nenos/as de 8 a 9 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 150 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Categoría C: nenos/as de 10 a 11 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 180 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Categoría D: rapaces e rapazas de 12 a 14 anos. Premios: 1.º clasificado: vale de 210 € en libros e publicación da obra galardoada.
    • Categoría E: mozos e mozas de 15 a 17 anos. Premios: 1.º clasificado: cheque por valor de 450 € e publicación da obra galardoada. Para a categoría E, as obras terán unha extensión mínima de 150 versos
    • Categoría F: maiores de 18 anos. Premios: 1.º clasificado: cheque por valor de 1200 € e publicación da obra galardoada. Para a categoría F, as obras terán unha extensión mínima de 200 versos

Prazo: ata o martes 3 de abril de 2019.

Bases da convocatoria