Concurso de microrrelatos da Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal
Xov, 14/02/2019 - 13:55
A Real Academia Galega e a Asociación PuntoGal convocan a segunda edición do certame de microrrelatos. O prazo de presentación dos textos, dun máximo de 200 palabras, permanecerá aberto durante o mes de febreiro.
 
Repartiranse nove premios, tres para cada unha das novas categorías distribuídas por idades. Na categoría de infantil poderá participar alumnado de ata 11 anos; na xuvenil, comprenderá entre 12 e 17 anos; e na de adultos, calquera persoa maior de idade. Os menores de idade deberán acompañar o microrrelato dunha autorización do pai, nai ou titor legal.