Bolsas de formación para profesores de alemán como lingua estranxeira
Ven, 01/02/2019 - 13:28

O Servizo de Intercambio Pedagóxico (PAD) da Conferencia Permanente de Ministros de Educación e Cultura (KMK) de Alemaña, por encargo dos Länder (Estados federados), concede bolsas de curta duración a profesores que imparten clases de alemán en institutos educativos españois.  O PAD dispón de dous tipos de bolsa:

- unha estancia profesional de tres semanas para profesores de alemán nun instituto de Alemaña, do 3 de novembro ata o 23 de novembro de 2019.

- un curso de formación de dúas semanas para profesores de alemán en Alemaña desde mediados de setembro ata primeiros de novembro de 2019.

Durante as estancias os profesores convidados realizarán prácticas en centros de Alemaña. A bolsa cobre os gastos de viaxe e a estancia.  

A data límite de participación é o 7 de marzo de 2019.