Festival Olloboi 2019
Xov, 31/01/2019 - 14:05

9ª Edición do Festival audiovisual escolar Olloboi terá lugar o venres 10 de maio.

Pódese concursar con calquera traballo de videocreación que proceda do mundo escolar, con temática libre e duración preferiblemente inferior aos 20 minutos (aceptarase un máximo de 8 pezas por centro).

 

 A data límite para presentar traballos será o 30 de abril.

 

Este ano o festival conta con 9 categorías: Olloboi peque, Olloboi Plus 18 e Olloboi Xeral (con recoñecementos á mellor imaxe, música, guión, interpretación, arte e reportaxe). Ademais, a organización entregará o premio máximo Olloboi Zamburrioi.

Como sempre, contará cun marabilloso elenco de Ollocómplices: intérpretes, guionistas e cineastas moi presentes no panorama actual. 

Máis información:

https://www.olloboi.com/