Campagne 2019 LabelFrancÉducation
Xov, 24/01/2019 - 08:52

Que é o LabelFrancÉducation?

O obxectivo do LabelFrancÉducation é promover os centros educativos públicos e privados estranxeiros, sexan centros de ensino xeral ou de formación profesional, que contribúen no marco do seu ensino á promoción e a difusión da lingua e cultura francesa.

Cale é o valor engadido do LabelFrancÉducation?

Os centros que obteñen o selo gozan dunha ferramenta de promoción atractiva que lles axuda a mellorar ou asentar o seu renome e a súa notoriedade á vez que fomenta a motivación do seu equipo docente.

Poden gozar dunhas ferramentas e uns recursos pedagóxicos adaptados ás súas necesidades para obter unha verdadeira plusvalía a nivel educativo.

Pertencer a unha rede mundial favorecendo o compartir boas prácticas e modelos pedagóxicos innovadores así como a mutualización de recursos.

Como presentar a súa candidatura?

O procedemento é totalmente gratuíto para os centros públicos e faise de maneira virtual:

1. Conectarse á páxina web:http://labelfranceducation.fr/ 

2. Encher o formulario de candidatura e descargalo na páxina web xunto cos documentos requiridos.

 

Data de comezo da campaña: 17/12/2018

Data de fin da campaña: 08/03/2019