Carmen Pomar participa na presentación do proxecto “Un de cen: comprendendo o espectro” impulsado pola Federación Autismo Galicia

Mar, 18/12/2018 - 19:42

A conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, participou esta tarde na presentación do proxecto “UN DE CEN: Comprendendo o espectro” impulsado pola Federación Autismo Galicia en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

O acto, ao que tamén asistiu o director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, Ildefonso de la Campa, serviu de marco para a exhibición dos traballos artísticos que buscan xerar visibilidade ás persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA) a través da creatividade e a imaxinación dos propios protagonistas. Esta mostra expositiva completarase cun ciclo de charlas formativas a cargo de profesionais da Federación Autismo Galicia