Campionatos escolares Supertmatik 2018-19
Lun, 10/12/2018 - 11:24

O campionato escolar Supertmatik 2018-19 consiste en 3 incribles torneos para alumnado de primaria e ESO (6- 15 anos), en todos os países do mundo que teñen o español como idioma oficial.

 

Cálculo Mental. Matemáticas. Vocabulario Inglés.

Obxectivos:

    Fomentar o interese por aprender.
    Contribuír para incrementar a adquisición, consolidación e ampliación de coñecementos.
    Reforzar o compoñente lúdico no proceso de ensino e aprendizaxe.
    Favorecer a convivencia entre os elementos da comunidade escolar.

De igual maneira pretende estreitar os lazos entre os estudantes de primaria e secundaria en España e a nivel internacional (6 - 15 anos).

Como facer para participar?

As participacións nos Campionatos SUPERTMATIK quedan reservadas a escolas ou establecementos educativos con licenza equivalente (non se aceptan inscricións individuais).

O formulario de inscrición en liña está dispoñible a continuación e deberá enchelo o profesor responsable da actividade na súa escola.

Cada inscrición dá acceso á participación da totalidade das clases/alumnado da escola respectiva.

Inscricións: Desde o 1 de setembro 2018 ata o 31 xaneiro 2019.

Máis información:

https://www.eudactica.com/paginas/3/competicao-eudactica/