Título node Learning object

Premios Acción Maxistral 2018
Ven, 19/10/2018 - 12:48
Premios Acción Magistral 2018

O Premio á Acción Maxistral é unha iniciativa da FAD (Fundación de Axuda contra a Drogadicción), a Comisión Nacional Española de Cooperación coa UNESCO e BBVA que ten o obxectivo de galardoar e dar a coñecer proxectos creativos, innovadores e con impacto social por docentes de centros educativos de Infantil, Primaria e Secundaria de toda España.

O Premio á Acción Maxistral 2018, forma parte de Acción Maxistral, un proxecto de axuda ao profesorado que pretende resaltar a importancia do labor educativo que exerce o profesorado e os centros educativos españois, especialmente a relacionada con procesos de innovación con impacto social dentro e fóra das aulas ofrecéndolles ademais, a posibilidade de participar nun programa formativo novo, recursos e programas para a súa utilización na aula, blogues informativos sobre actualidade educativa, espazos para o debate e a reflexión, encontros presenciais, etc.

 Período de recepción de candidaturas:

30 de xullo ao 30 de outubro.

 1ª Fase de avaliación online (Autonómica)

 1 de novembro ao 23 de novembro

 2ª Fase de avaliación online (só para proxectos de centro)

 26 de novembro ao 7 de decembro

 Votación popular en accionmagistral.org.

 - Para candidaturas de Ideas docentes, ideas alumnado e AMPA - Do 1 ao 16 de decembro

 - Para proxectos de centro - Do 10 ao 16 de decembro

Para máis información:

http://premio.fad.es/