IV Premio nacional de iniciación á investigación tecnolóxica
Lun, 17/09/2018 - 11:30

O premio nacional de iniciación á investigación tecnolóxica forma parte dunha das liñas estratéxicas  institucionais emprendidas pola UAITIE. O obxecto deste premio é o fomento das vocacións e do interese dos alumnos preuniversitarios nos estudios de enxeñerías da rama industrial, mediante a práctica de actividades de iniciación á investigación tecnolóxica.

Tamén son obxectivos desta iniciativa a potenciación das materias de tecnoloxía e da concienciación da sociedade en xeral sobre o papel dos enxeñeiros nos procesos de investigación e innovación da tecnoloxía e da industria.

Está dirixido a estudantes de tecnoloxía e de tecnoloxía industrial de 3º e 4º da E.S.O. e de 1º e 2º de bacharelato.

Temáticas: deseño industrial, aforro enerxético, xestión de residuos, atención á discapacidade e urbanismo intelixente.

Prazo de inscrición: ata o 31 de marzo de 2019

Para máis información:

www.premionacionalusitie.com