Máis de 250 directores de centros escolares participan nunha xornada formativa sobre a función directiva

Mér, 27/06/2018 - 12:49
Máis de 250 directores de centros escolares participan nunha xornada formativa sobre a función directiva

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, acudiu hoxe ás xornada de formación continua de equipos directivos que congrega máis de 250 directores de centros escolares para afondar sobre as funcións directivas e os retos de futuro.

Esta xornada pecha a ronda das celebradas ao longo do curso e que se enmarcan dentro do Plan de Formación Permanente do Profesorado impulsado pola Consellería e que, como novidade no presente curso, incorporou por primeira vez un marco formativo específico vinculado á función directiva.