Concurso-oposición ao corpo de profesores de ensino secundario, técnicos de formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades para o ano 2018

Mér, 21/03/2018 - 07:45

Orde do 14 de marzo de 2018 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres, e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001A).

  • O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles computados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
  • Nota importante: debido a que os servizos da sede electrónica non estarán dispoñibles ao longo de case todo o día 26 de maio, amplíase o prazo para formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído, de xeito que o prazo rematará o 30/05/2018. 

  • Como formular reclamacións contra a lista provisoria de persoal admitido e excluído: https://www.edu.xunta.gal/oposicions/PaxinaInicio.do#P_1

Nota informativa:

Esta convocatoria ten a novidade de que as solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, para o cal será necesario posuír algún dos certificados electrónicos admitidos ou  darse de alta no sistema Chave 365. Neste último caso poderá empregarse calquera das vías que se establecen no seguinte enlace: https://www.xunta.gal/chave365/que-e onde se facilitará una chave que permitirá realizar de forma electrónica diversos trámites naqueles procedementos que así o estableza a Xunta de Galicia.

O proceso de presentación de solicitudes é moi sinxelo. Ao entrar na aplicación informática http://www.edu.xunta.gal/oposicions, e logo de cuberta a solicitude de participación, a persoa interesada deberá premer na opción “enviar a sede electrónica” e nese momento accederá a esta plataforma (no enderezo https://sede.xunta.gal) na que deberá asinar a solicitude empregando algún dos certificados electrónicos admitidos ou, como se dixo, a Chave365. O pagamento dos dereitos de exame (taxa) tamén se realizará de forma electrónica, a través do enlace que se indicará na propia aplicación  http://www.edu.xunta.gal/oposicions logo de cubrir a solicitude.

Tamén sería conveniente que a consellería poida comprobar automaticamente todos aqueles datos aos que a persoa solicitante nos autorice expresamente na súa solicitude, e polo tanto non tería que achegar ningún documento acreditativo destes datos. Respecto daqueles datos non comprobables automaticamente segundo a convocatoria, ou para o caso de que a persoa solicitante non autorice expresamente a súa consulta pola administración, deberá xuntar un escanado da correspondente documentación acreditativa do xeito que se lle indica na sede electrónica. En todo caso, deberán achegar o título aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria e aqueloutras persoas que posúan unha titulación de licenciatura ou enxeñería nos que se requira unha especialidade para formar parte das listas para cubrir interinidades ou substitucións. Ademais do título, deberán achegar a certificación académica aquelas persoas que posúan o título de mestre/a de ensino primario, diplomatura en profesorado de educación xeral básica, mestre/a ou grao de mestre/a en educación primaria coa especialidade ou mención nalgún idioma estranxeiro e licenciatura ou grao en tradución e interpretación. O motivo é que no Rexistro de Títulos do Ministerio de Educación, Cultura e Deportes non constan as mencións nin as especialidades.

Por último, e para o caso de que a persoa interesada pertenza á lista de interinidades e substitucións dunha das especialidades que se ofertan nesta convocatoria, se quere manter o seu posto na lista en aplicación do apartado 1 do punto segundo do Texto refundido do Acordo do 20 de xuño de 1995 polo que se regulan o acceso e as condicións de traballo do persoal docente interino e substituto dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia que imparte ensinanzas distintas das universitarias, ten a obriga de presentarse ao proceso selectivo e non poderá retirarse deste, de xeito que, canto menos, deberá realizar as dúas partes da primeira proba e proceder á súa lectura. Porén, tendo a obriga de presentarse, non é obrigatorio facelo na súa especialidade nin polo mesmo corpo para manter o seu lugar na lista de interinidades e substitucións. Se a persoa interesada pertence á lista do corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de Administración de Empresas e quere incorporarse á lista do corpo de Profesores de Ensino Secundario, especialidade de Organización e Xestión Comercial, bastará con que se presente a calquera das especialidades convocadas. 

PDF icon Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG)PDF icon Corrección de erros á Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG)PDF icon Corrección de erros á Orde do 14 de marzo de 2018 (DOG)PDF icon Composición dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo (servizo primaria)​PDF icon Composición dos tribunais que xulgarán o proceso selectivo (servizo secundaria)PDF icon Resolución provisionalPDF icon Listaxe provisional de admitidos primariaPDF icon Listaxe provisional de excluídos primariaPDF icon Listaxe provisional de admitidos secundariaPDF icon Listaxe provisional de excluídos secundariaPDF icon Tribunais que xulgarán a proba de coñecemento do galego PDF icon Resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas concurso-oposiciónPDF icon Listaxe definitiva de admitidos primariaPDF icon Listaxe definitiva de admitidos secundariaPDF icon Corrección de erros. Resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas concurso-oposiciónPDF icon Corrección de erros. Listaxe definitiva de admitidos de secundaria proba prácticaPDF icon Corrección de erros.Resolución pola que se aproban as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas concurso-oposición-2PDF icon Listaxe definitiva de excluidos primariaPDF icon Listaxe definitiva de excluídos secundariaPDF icon Resolución do 28 de maio de 2018: Composición dos tribunais (DOG)PDF icon Listaxe de persoas opositoras non exentas do exame de galego - Primaria (actualizada)PDF icon Listaxe de persoas opositoras non exentas do exame de galego - Secundaria (actualizada)PDF icon Datas, horas e lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e a primeira probaPDF icon Corrección de erros: Datas, horas e lugares en que se fará a presentación dos aspirantes e a primeira probaPDF icon Corrección de erros (DOG)PDF icon Resolución distribución aspirantes por tribunais 2018PDF icon Distribución aspirantes por tribunais 2018 primariaPDF icon Distribución aspirantes por tribunais 2018 secundariaPDF icon Restricións ao tráfico en Pontevedra o 23/06/2018PDF icon Orde do 31 de xullo de 2018: Relación de persoal aspirante que superou o concurso-oposición (DOG)PDF icon Orde do 2 de agosto de 2018: Nomear funcionarios/as en prácticas as persoas que superaron o ingreso ao corpo de mestres (DOG)PDF icon Orde do 14 de setembro de 2018 pola que se nomean funcionarios ou funcionarias en prácticas (DOG)PDF icon Orde do 25 de xuño de 2019: Declarar aptas na fase de prácticas as persoas opositoras (DOG)PDF icon Orde do 1 de xullo de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2018 (DOG)PDF icon Orde do 30 de outubro de 2019 pola que se modifica a Orde do 31 de xullo de 2018 (DOG)