F1602012: Introdución ao manexo do kit de Arduino e Raspberry Pi

Curso presencial sobre os Kits de ARDUINO e RASPBERRY PI que chegaron este curso a os centros educativos
Mér, 08/03/2017 - 18:42
Foto
F1602012: Introdución ao manexo do kit de Arduino e Raspberry Pi

Referencia: F1602012 Temporalización: 31/01/2017 - 21/02/2017

Data límite de inscrición en fprofe: Por solicitude ao CFR de Ferrol dende o centro educativo

Lugar de celebración: CFR de Ferrol Horas: 12 (de 18:00 a 21:00 horas)

Obxectivos

1. Coñecer e manexar con soltura o kit de Arduino e Raspberry Pi

2.Dominar os distintos enfoques metodolóxicos e actividades de aula que os kits permiten

3.Coñecer actividades que tiren partido das posibilidades conxuntas dos equipos, así coma a súa vinculación co kit de Robótica e a impresora 3D (se ha houber). Explorar as posibilidades de innovación educativa no ámbito STEM

Contidos

1.Hardware incluido nos kits Arduino UNO e Raspberry Pi

2.Montaxe, manexo e programación dos kits e das placas

3.Utilización dos kits na aula e montaxes experimentais, así coma cotiás (enfoque maker, domótica, accesibilidade,...)

4.Metodoloxía e innovación desde a robótica e a programación.