Resolución provisional de admitidos e excluídos de comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, educación secundaria, formación profesional e de réxime especial e de relixión para o curso 2016/2017

Xov, 23/06/2016 - 19:46

Publícase a Resolución provisional de admitidos e excluídos das comisións de servizos por motivos de saúde do profesorado de educación infantil e primaria, do profesorado de educación secundaria, de formación profesional e de réxime especial e do profesorado de relixión para o vindeiro curso 2016/2017.

Así mesmo publícase o Anexo de solicitudes excluídas do profesorado que non realizou a súa petición a través da aplicación informática e están excluídos

Prazo de reclamación:

  • O prazo de reclamacións comeza o día 23 de xuño de 2016 e remata o día 1 de xullo de 2016.

  • As reclamacións á resolución provisional deberán dirixilas á Xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación e O.U da correspondente provincia segundo consta na referida Resolución.