A Consellería de Cultura e Educación destina preto de 665.000 euros á ampliación do CIFP Coroso en Ribeira
As melloras enmárcanse dentro do plan de renovación e mellora de infraestructuras e equipamentos do departamento educativo da Xunta
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pola que se licita a contratación da obra de ampliación do CIFP Coroso (Ribeira), cun orzamento de 664.757,99 euros, unha obra cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional.
O obxectivo da actuación é dotar o centro dunha nova nave de planta baixa que albergará 2 talleres e aseos. O mesmo tempo, a estrutura estará preparada para a súa ampliación en planta primeira destinada a acoller despachos, se fora necesario habilitalos no futuro.
Os detalles da resolución poden consultarse na seguinte dirección: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2015/20150603/AnuncioG0164-290515-0004_gl.html.