O conselleiro de Cultura e Educación reúnese coa directiva do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego

Xov, 05/06/2014 - 19:57
O conselleiro de Cultura e Educación reúnese coa directiva do clúster do produto
O conselleiro de Cultura e Educación reúnese coa directiva do clúster do produto gráfico e do libro galego

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, reuniuse esta tarde coa directiva do Clúster do Produto Gráfico e do Libro Galego (CPGLg), representada polo seu presidente, Jacobo Bermejo; polo secretario, Carlos do Campo; e pola xerente, Ana Bravo.

A situación actual das empresas dos sectores gráfico, editorial e publicitario, así como as estratexias para afrontar os retos que se presentan nestes ámbitos centraron o encontro, no que tamén participou o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo.