Instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2014/2015

Mar, 06/05/2014 - 08:40

Xúntase a Resolución do 22 de abril de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións para o acceso e admisión do alumnado ás ensinanzas superiores de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2014/15.

Inscrición para realizar as probas: A inscrición farase na secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da presente resolución e o día 12 de xuño, ambos incluídos. Para tal fin, o centro deberá expor nos seus taboleiros de anuncios a normativa reguladora de admisión do alumnado.