Título node Learning object
Esta fin de semana terán lugar as II Xornadas Infancia e Cidade, organizadas polo Concello de Pontevedra coa colaboración do Centro Nacional de Educación Ambiental, do Ministerio de Medio Ambiente. As xornadas abrirán o debate arredor da mobilidade dos máis pequenos nos espazos urbanos, e nel estarán presentes 26 expertos representantes de distintas administracións e organismos implicados na mellora da mobilidade urbana e da autonomía infantil. Constitúen ademais a xuntanza anual do grupo de traballo "Mobilidade e Infancia", do CENEAM, que elixiu a cidade de Pontevedra como sede desta xuntanza pola exemplaridade e o relevo do seu modelo urbanístico.
En conxunto trátase dunhas xornadas de estudo pechadas ao gran público. Con todo, abrirase a todos a conferencia do pedagogo e debuxante italiano Francesco Tonucci, inspirador do proxecto internacional "A cidade dos nenos" e autor dunha abondosa bibliografía sobre o respecto polos dereitos dos máis pequenos.
Para consultar o programa coa longa nómina de expertos, pódese ver o PDF anexado.