Convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de ESO e Bacharelato, FP e Ensinanzas de Idiomas, para o curso 2013/2014
Xúntase a Resolución do 13 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se fai pública a convocatoria para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de Idiomas, na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2013/14.
- O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 14 de outubro de 2013.
No curso que acaba de rematar tivo unha gran acollida a participación de novos centros, coordinadores e titores acreditados para a realización das prácticas do máster en Formación do Profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas na Comunidade Autónoma de Galicia, inscribíndose un total 318 centros e 4.961 novos coordinadores.
En xullo de 2013 o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria asinou as addendas dos convenios de colaboración para a realización do prácticum do Máster universitario en profesorado de educación secundaria obrigatoria e bacharelato, formación profesional e ensinanzas de idiomas, tal e como se vén facendo desde 2009. Así para o vindeiro curso ofertaranse 240 prazas na Universidade de Santiago de Compostela, 195 na Coruña e 280 en Vigo.
O obxecto da Resolución que se publica hoxe, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, é abrir o procedemento para acreditar centros e persoas coordinadoras e titoras para o curso 2013-2014 para o desenvolvemento do prácticum correspondente ao máster en Profesorado.