Información sobre estadías

Sáb, 24/09/2011 - 18:01
bane estadias

Que son?
Modalidade de formación que se desenvolve nos centros de traballo de empresas ou institucións para potenciar o coñecemento directo dos procesos produtivos que se desenvolven nelas.
Convocatoria
Normalmente publícase no mes de Febreiro. Na convocatoria ofértanse prazas en empresas para profesorado das distintas familias profesionais, froito dos acordos da Subdirección de FP con empresas e entidades de ámbito nacional. Tamén ofrécese a posibilidade de que as persoas interesadas poidan solicitar acudir a empresas, nacionais ou de países da Unión Europea, coas que tiveran contactado pola súa conta.
Destinatarios
O profesorado que cumpra, entre outras, as seguintes condicións:

  • Ser funcionario/a dalgún dos corpos e das especialidades vinculadas ás ensinanzas de formación profesional inicial, ou das artes plásticas e o deseño.
  • Estar en situación de servizo activo e prestar servizos en centros públicos dentro do ámbito de xestión da Consellería de Educación, Universidade e Formación profesional.

Periodo de realización

Poden desenvolverse dende finais do mes de abril ata a primeira semana de setembro, exceptuando o mes de agosto. Pódese solicitar acudir á empresa un mínimo de 40 horas e un máximo de 160 horas, repartidas en sesións diarias de entre 4 e 8 horas ininterrompidas.

Obxectivos

  • Coñecer directamente os procesos produtivos que se desenvolven nas empresas.
  • Formar o profesorado mediante o seu achegamento ao mundo produtivo e aos seus avances tecnolóxicos.